“Conecta coa vida” é una campaña de sensibilización e concienciación do uso do dispositivo móbil, no marco do obradoiro realizado por Asfedro e o alumnado de 4ºESO do Colexio Jorge Juan de Narón.
Consiste nunha chamada á reflexión sobre o uso excesivo e seguro das pantallas, que afecta á poboación en xeral e a mocidade en particular, e que en ocasións é motivo de preocupación e conflitos.
O Obxectivo, visibilizar e familiarizarnos cos trastornos asociados ao manexo do móbil, aportando información sobre o seu uso problemático e axudando a identificar aqueles síntomas que teñan un impacto negativo na nosa saúde e nas nosas relacións persoais e sociais.
A proposta será difundida nos espazos de lecer nos que se percibe unha desconexión da toma de contacto persoal en favor do teléfono, así como nos centros educativos e outros lugares de interese do Concello de Narón ,a través de soporte gráfico en forma de posavasos, carteis e dípticos informativos.
A Xunta asina un convenio de colaboración con ASFEDRO
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinou esta semana dous convenios de colaboración entre o Sergas e...