Comunidade Terapéutica
Antiga construción militar, reconvertida a comezos dos 90. Está situada no lugar de ‘O Confurco” na parroquia de Doniños, a 9 Km da unidade asitencial. É un programa residencial de deshabituación que ten unha duración mínima de 6 meses.
Entre os programas máis salientables da comunidade terapéutica están:
- As intervencións educativas: orientadas ao reforzo e á capacitación a nivel individual e colectivo. Habilidades sociais, resolución de conflitos, programas de incorporación laboral, educación para a saúde, titorías, etc.
- Intervención psicoterapéutica
- Laborterapia: foméntanse os coidados, responsabilidades, obrigas, a través do traballo no agro.