Servizos
Comunidade Terapéutica “Tito Pena”
Voluntario, confidencial e gratuito
- Recurso residencial especializado no tratamento integral das adiccións, dirixido a persoas con trastornos por uso de sustancias que precisan unha intervención intensiva nun entorno estruturado e seguro.
- O programa caracterízase por ser voluntario, confidencial e gratuito, baseado nun modelo de atención centrado na persoa, cun enfoque interdisciplinar que combina intervencións terapéuticas, educativas e socio-laborais.
- O equipo está composto por profesionais das áreas médica, psicolóxica, educativa e social, que realizan un acompañamento continuo ao longo de todo o proceso de recuperación.
- Tratamento residencial intensivo con seguimento diario e individualizado.
- Psicoterapia individual e terapias grupais.
- Programas de prevención de recaídas.
- Educación emocional e xestión de conflitos.
- Talleres de habilidades sociais e convivencia.
- Actividades ocupacionais e de responsabilidade compartida.
- Educación permanente de adultos e apoio formativo.
- Educación sanitaria e promoción de hábitos saudables.
- Adestramento en funcións executivas e estimulación cognitiva.
- Actividade física e promoción do benestar.
- Xestión do tempo libre e actividades de ocio terapéutico.
- Preparación para a reinserción social e laboral.






