Infodrogas

SALÚDICO INFODROGAS

É un xogo interactivo de aprendizaxe sobre drogas, adicións e hábitos de vida saudable.

O xogo consta de 30 preguntas nas que a través de varias opcións de respostas, pretende acercar de forma lúdica ás persoas participantes coñecementos sobre drogas e condutas de risco asociadas a elas: enfermidades de transmisión sexual, impacto das drogas na sociedade, etc.

Foi creado polo alumnado do curso de Axentes de saúde da red UNAD, na nosa Comunidade Terapéutica O Confurco, en colaboración coa Universidade da Coruña-UDC saudable.

O SALÚDICOS desenvólvese na plataforma dixital Kahoot, a través do teléfono móbil ou tablet.

Podes acceder ao enlace do Xogo a través do Instagram SALÚDICO INFODROGAS.

INFOGRAFÍAS

Espazo de referencia virtual de información no que se facilitan coñecementos sobre drogas e adiccións comportamentais dende o novo enfoque metodolóxico de redución de riscos asociados ao consumo recreativo de drogas, e de detección das novas adiccións sen substancia.