Servizos

Programas Preventivos

Prevención das adiccións, promoción da saúde

ASFEDRO desenvolve programas de prevención das adiccións, promoción da saúde e intervención socioeducativa en colaboración cos concellos de Ferrol, Fene e Pontedeume e, dependendo da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, nos concellos de Narón, Neda, Ares, Cabanas, Cedeira, Valdoviño e San Sadurniño.

Ámbito educativo

Programas dirixidos ao alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Formación Profesional: prevecnión das adiccións, educación emocional, desenvolvemento de habilidades para a vida, redución de riscos e uso responsable das tecnoloxías.

Ámbito educativo

Programas dirixidos ao alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Formación Profesional: prevención das adiccións, educación emocional, desenvolvemento de habilidades para a vida, redución de riscos e uso responsable das tecnoloxías.

Ámbito familiar

Escolas de familias: mellora das habilidades comunicativas, fortalecimento das competencias educativas e pautas para a detección precoz de situacións de risco.

Ámbito xuvenil, comunitario e universitario

Actividades de sensibilización, participación social, lecer saudable e formación entre iguais.

Infodrogas ASFEDRO-UDC

Información, orientación e accións formativas dirixidas á comunidade universitaria da Universidade da Coruña.

Infodrogas ASFEDRO-UDC

Información, orientación e accións formativas dirixidas á comunidade universitaria da Universidade da Coruña.

Prevención indicada

Intervención socioeducativa con persoas xóvenes e adolescentes que se atopan en situación de vulnerabilidade ou risgo de desarrollar adiccións e problemas psicosociais.

Pódese acceder ó programa por diferentes vías: demandas das propias familias, dos centros educativos, centros de saúde mental, centros de atención primaria, servizos sociais municipais, centros de internamento e/ou cumprimento de medidas xidiciais.

Ámbito laboral

Accións de prevención e promoción da saúde en colaboración con Navantia, ofrecendo información, asesoramento e actividades de sensibilización dirixidas á mellora do benestar das persoas traballadoras e á creación de contornas laborais máis saudables e seguras.