Transparencia

Anualmente celebramos unha Asemblea Anual de Socios na que damos conta tanto das actividades como das contas anuais. Os nosos ingresos están controlados polas administracións que nos conceden as subvencións, coas que financiamos cada unha das actividades realizadas.

Así mesmo, presentamos anualmente as nosas contas ao Rexistro de Asociacións da Consellería de Vicepresidencia, tal e como esixen os requirimentos polos que estamos declarados de UTILIDADE PÚBLICA.