Unidade asistencial de drogodependencias UAD

Na Unidade Asistencial, situada no barrio de Caranza en Ferrol, lévase a cabo a atención ambulatoria. Os programas desenvoltos baséanse no recollido no Catálogo de Programas Asistenciais da Consellería de Sanidade-Plan de Galicia sobre Drogas (Xunta de Galicia).

Horario UAD:
INVERNO: de Luns a Venres de 8.00 a 15.00 e Xoves de 17.00 a 20.00
VERÁN: de Luns a Venres de 8.00 a 15.00

Os principais programas asistenciais dentro de UAD son:
  • Programa de información, orientación e acollida POA
  • Programa de tratamento libre de drogas PTLD
  • Programa de tratamento con antagonistas opiáceos PTANO
  • Programa de tratamento con derivados opiáceos PTDO
  • Programa de tratamento con interdictores do alcol PTIA
  • Programa de tratamento para dependencia a psicoestimulantes PTDP
Outros subprogramas sanitarios e psicosociais que se desenvolven ou nos que se colabora son os seguintes:
  • Sub-programa de apoio residencial
  • Unidades hospitalarias de desintoxicación
  • Colaboración con Atención Primaria: vacinacións, analíticas de sangue, etc.
  • Programa de diagnóstico e tratamento da tuberculose
  • Programa de axentes de saúde
Programa de Redución do dano:
  • Talleres de sexo máis seguro e de consumo con menos risco
  • Programa de intercambio de xiringuillas
  • Sub-programa de asistencia domiciliaria
  • Protocolo colectivos específicos (minorías, drogodependentes que exercen a prostitución, etc.)
  • Protocolo de atención a la patoloxía dual
  • Protocolo de patoloxía orgánica
  • Protocolo xestantes drogodependentes
  • Protocolo de menores