Unidade de día asistencial UDA

Unha Unidade de Día que atende á modalidade de tratamento semirresidencial. En funcionamento dende o ano 2001. Localizada no mesmo edificio da Unidade Asistencial. Para o ingreso das persoas interesadas, hai que estar desintoxicado/a de drogas ilegais. Un dos obxectivos deste programa é a deshabituación da adición e a súa incorporación social.

Dentro desta unidade merece especial mención o Programa de Intervención no centro penitenciario de Teixeiro. Está dirixido a usuarios dos Programas de ASFEDRO en réxime de privación de liberdade.

Os obxectivos son os seguintes:
  • Manter a continuidade terapéutica nos Programas de Tratamento que se sigan no Centro Penitenciario.
  • Valorar a admisión ou derivación dende o Centro Penitenciario a Programas de ASFEDRO en caso de penados de terceiro grao ou próximos á liberdade condicional. Presentando propostas individualizadas de medidas alternativas.
  • Contactar cos residentes na zona sanitaria asignada a ASFEDRO que non tiveran oferta de tratamento por non ter contacto previo ao ingreso na cadea.
As profesionais do servizo desprázanse quincenalmente ao Centro Penitenciario de Teixeiro onde garanten a continuidade terapéutica dos programas de tratamento.